Despois de completar o seu BMus no Melbourne Conservatorium, Paul Rickard-Ford recibiu a Bolsa Clarke para realizar estudos de posgrao no Royal College of Music de Londres, onde obtivo o ARCM e o Premio Dannreuther á interpretación de concerto máis destacada.
Desde o inicio da súa carreira, o pianista español Juan Lago foi galardoado nos concursos nacionais máis destacados e recentemente foi laureado no XXIII Concorso Internazionale “ Valsesia- Musica” de Varallo (Italia), XX Concurso Internacional de Piano “ Cidade de Ferrol”, o IX Premio Internazionale Pianistico “A. Scriabin” de Grosseto (Italia) ou o VI Concurso Internacional “Compositores de España” de Las Rozas de Madrid.
Anna Saradjian, a gañadora de moitos premios internacionais e concursos, entre os cales se atopa unha Medalla de ouro no Concurso Nacional "Amadeus" de 1992 e o Premio Bach do Concurso Internacional Ettlingen, naceu nunha familia de músicos.
A Coruña (1969). Julio Mourenza inicia os seus estudos pianísticos coa profesora Natalia Lamas,no Conservatorio Superior de Música da Coruña, séndolle concedida a Matrícula de Honra e o Premio Extraordinario de Fin de Carrera.
Elmar Gasanov naceu en Sebastopol. No 1990 comeza a tocar o piano con Tatyana Kim na Escola de Música n.º 1. Despois de estudar alí por once anos, continuou os seus estudos na Facultade de Música no Conservatorio Estatal de Moscova e Moscow State Conservatory, onde estudou coa recoñecida música e profesora rusa, Ludmila Roshina.
Nacido en Buenos Aires (Arxentina), desenvolve unha ampla actividade concertística, tanto no seu país como no estranxeiro. Estudou no Conservatorio "Manuel de Falla", de Buenos Aires.
É gañador de máis de 15 premios de interpretación en Cuba, Costa Rica, España e Corea. A súa discografía inclúe máis de 20 títulos con selos de Cuba, Costa Rica e Estados Unidos, onde rexistrou maioritariamente obras en premier discográfica. Algúns dos seus discos gañaron o Gran Premio e os premios Solista Concertante, Música de Cámara e Banda Sonora na Feira Internacional Cubadisco.